About

24 Anos de Experiencia

ASPADEZA

A Asociación ASPADEZA é unha entidade sen ánimo de lucro formada por 50 pais de persoas con discapacidade intelectual da Comarca do Deza. Foi constituida o 13 de setembro do ano 2000 e declarada de utilidade pública polo Ministerio do Interior en novembro do 2005, o cal supón un recoñecemento importante á labor da entidade, que demostra eficacia, transparencia e boas prácticas. O obxectivo fundamental da entidade é mellorar a vida das persoas con discapacidade intelectual a través da integración social e laboral.

O centro ocupacional está destinado a persoas con discapacidade intelectual maiores de 18 anos e que teñan suficiente autonomía (non precisen de axuda de terceira persoa). O centro ten como obxectivos formar á persoa con discapacidade para acadar a integración e normalización social e laboral, ademais de promocionar as capacidades e habilidades para conseguir o máximo nivel de autonomía persoal.

aspadeza

Eventos e Novas