O deporte e a actividade física é algo moi importante para a saúde e o benestar físico e mental.
Por este motivo os usuarios de ASPADEZA fan deporte tres días á semana e entrénanse para participar nos campeonatos organizados por Special Olympics Galicia, ademáis de practicar zumba, ioga e natación.
Participan en campeonatos de natación, campo a través e atletismo con moi bos resultados. Entrenamos durante todo o ano pero ó final o noso esforzo vese recompensado.
Para os usuarios de ASPADEZA facer deporte e participar en campeonatos convírtese nun reto e unha forma de superarse a sí mesmos, aumentando a súa autoestima ó ver que son capaces de facelo tan ben coma calquera outra persoa.