Centro Ocupacional

O centro ocupacional está destinado a persoas con discapacidade intelectual maiores de 18 anos e que teñan suficiente autonomía (non precisen de axuda de terceira persoa).
O centro ten como obxectivos formar á persoa con discapacidade para acadar a integración e normalización social e laboral, ademais de promocionar as capacidades e habilidades para conseguir o máximo nivel de autonomía persoal.

No centro ocupacional realízanse distintas actividades:

  • Talleres ocupacionais: xardinería, lavandería, traballos para empresas (etiquetas de Florentino, traballos de decoración para a AED,…)
  • Talleres de manualidades: cestería, elaboración de tapices, pintura, coiro,…
  • Formación en habilidades sociais
  • Taller de afectividade e sexualidade
  • Formación en autodeterminación
  • Taller de estimulación cognitiva
  • Talleres de autoimaxe
  • Taller de comunicación
  • Taller de cociña
  • Actividades de lectura e escritura
  • Teatro e baile
  • Musicoterapia
  • Risoterapia
  • Participación en programas de voluntariado

IMG_1622 DSC06935

Festas de Lalín 090  OLYMPUS DIGITAL CAMERA