En primeiro lugar queremos dar as gracias á xente que, ano tras ano, seguides aí colaborando con nós. Todos os nosos proxectos son o resultado de moitos esforzos e moito traballo, pero tamén de moitas axudas. Sen a vosa axuda esta realidade non sería posible. Cada pequena axuda significa moito para nós: SEGUIMOS CONTANDO CONTIGO.
Podes colaborar con nós de varias maneiras:
- Facéndote socio: ser socio é unha forma de participar activamente. Ademais podes establecer o importe e a periodicidade das túas aportacións. Aquí mesmo podes descargar a túa solicitude de socio e enviarnola.
- Ingresando un donativo no noso número de conta: ABANCA ES18- 2080-5101-4030-4000-2970
- Mercando o noso calendario solidario
- Mercando os nosos productos: cestos, tapices, artigos pintados á man,…
No caso das empresas tamén hai diferentes formas de colaborar:
- Ofrecéndonos traballo para realizar no centro ocupacional.
- Realizando aportacións.
- Prestando servicios gratuítos propios da empresa.
- Contratando a persoas con discapacidade intelectual.
Ademais, debido a que ASPADEZA foi declarada entidade de utilidade pública, as túas aportacións tamén teñen beneficios para ti. A partir do ano 2016 as deducións amplíanse, quedando do seguinte xeito:
IMPORTE DOAZÓN |
DEDUCIÓN | ||
PERSOAS FÍSICAS
(IRPF) |
Os primeiros 150€ anuais | 75% | |
O importe restante | Norma xeral | 30% | |
Si se trata de doazóns realizadas como mínimo nos últimos tres anos á mesma entidade |
35% |
||
PERSOAS XURÍDICAS
(Imposto sociedades) |
Se nos 2 anos anteriores NON se doou á mesma entidade |
35% |
|
Se nos 2 anos anteriores SÍ se doou á mesma entidade |
40% |
E recorda que a veces con unha simple mirada tamén podes colaborar, son persoas coma ti, non os mires de xeito diferente.