ASPADEZA RECIBE UNHA AXUDA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
A axuda concédese a través da Subvención da Consellería de Política Social destinada a «Realización de programas de interese xeral para fins de carácter social» con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.
ASPADEZA recibíu un total de 5.924,47€ para o proxecto «Equipamento do centro ocupacional e centro de día», mediante o cal se adquiríu material informático e educativo para os usuarios de ambos centros.
O obxectivo do proxecto ´é acercar ás persoas con discapacidade ó uso das novas tecnoloxías para que estas lle sirvan como apoio nas actividades da súa vida diaria, así como para facilitar a súa aprendizaxe e mellorar a súa autonomía persoal.
ASPADEZA RECIBE UNHA AXUDA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
ASPADEZA recibíu unha subvención de 2.984,49€ para o proxecto «Talleres de formación prelaboral”, a través da convocatoria de subvencións dirixidas ás entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social na provincia de Pontevedra no ano 2022.
O proxecto consistíu na realización de talleres formativos para persoas con discapacidade e as súas familias.
No caso das persoas con discapacidade intelectual realizóuse formación en habilidades sociolaborais, habilidades da vida diaria e formación básica en novas tecnoloxías e informática. O obxectivo é que os participantes adquiran un maior grado de autonomía a nivel social e laboral.
No caso das familias realizáronse diferentes talleres sobre temáticas que lles afectan e que contribúen a mellorar a súa calidade de vida: autodeterminación e empoderamento, a nova lei 08/2021 sobre capacidade xurídica, fomento da autonomía,…
ASPADEZA RECIBE UNHA AXUDA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
ASPADEZA recibíu unha subvención de 4.340,72€ para o proxecto «Novas actividades frente ás restriccións Covid», a través da convocatoria de subvencións dirixidas ás entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social na provincia de Pontevedra no ano 2021.
O proxecto consistíu na realización e adaptación de novas actividades frente ás novas restriccións e protocolos Covid. O obxectivo destas novas actividades foi mellorar o benestar físico e emocional dos usuarios do centro, así como fomentar o uso das novas tecnoloxías.
As actividades dividíronse en tres bloques:
-Actividades formativas en competencias dixitais
-Actividades de promoción da saúde
-Actividades de ocio e lecer
ASPADEZA RECIBE UNHA AXUDA FUNDACIÓN ONCE
ASPADEZA recibíu unha axuda económica da Fundación ONCE por un importe de 2.782,50€, a través da convocatoria de axudas de 2018.
Dita axuda foi destinada á instalación de pizarras dixitais interactivas no centro ocupacional e no centro de día. O traballo a través das novas pizarras dixitais incrementa a participación, a motivación e o aprendizaje, facendo as actividades mais dinámicas e vistosas.
ASPADEZA RECIBE UNHA AXUDA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
ASPADEZA recibíu unha subvención de 5.325,22€ para un proxecto de «Autonomía e respiro familiar», a través da convocatoria de subvencións dirixidas ás entidades sen fins de lucro para actuación no ámbito de servizos sociais, sociosanitarios e da xuventude para o ano 2019
Dito proxecto ten un dobre obxectivo:
– Mellorar a autonomía das persoas con discapaciade intelectual e formalas para unha vida mais independente
– Mellorar a calidade de vida das súas familias ofrecéndolle un servizo de respiro familiar que lles permita ter momentos de descanso, ocio e tempo libre.
ASPADEZA BENEFÍCIASE DOS PROGRAMAS DE EMPREGO XUVENIL
A nosa entidade foi beneficiaria dunha axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Consiste na contratación de 1 mozo desempregado, durante 7 meses, para a realización do servizo «Mellorando a autonomía das persoas con discapacidade». Dita axuda está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil nun 91,89%.
Dito programa iniciouse o 28 de outubro de 2019 e para levalo a cabo contratátouse unha coidadora. A finalidade é apoiar o traballo realizado no centro de día da nosa entidade. Con este proxecto conseguirase mellorar os servicios prestados e incrementar as actividades realizadas.
ASPADEZA RECIBE UNHA AXUDA FUNDACIÓN ONCE
ASPADEZA recibíu unha axuda económica da Fundación ONCE por un importe de 3.200,64€, a través da convocatoria de axudas de 2017.
Dita axuda foi destinada á instalación de un sistema de iluminación de baixo consumo nas nosas instalacións. O proxecto realizóuse no centro de atención a persoas con discapacidade intelectual «Javier Brandido» e na vivenda e contribuirá á mellora enerxética de ambos espazos.
ASPADEZA INCORPORA UN NOVO VEHÍCULO Ó SERVIZO DE TRANSPORTE
Gracias a unha axuda de Agader, a través do programa Leader Galicia 2014-2020, incorporouse un novo vehículo ó servizo de transporte do noso centro. Trátase dun microbús de 17 prazas que permitirá optimizar o servizo e posibilitar a incorporación de novos usuarios ó centro.
A porcentaxe de axuda recibida alcanzou o 90% do coste do proxecto.
ASPADEZA RECIBE UNHA AXUDA DE FUNDACIÓN ONCE
A nosa entidade recibíu unha axuda económica por un importe de 2.201,58€ da Fundación ONCE.
Dita axuda foi destinada á posta en marcha dunha biblioteca de lectura fácil para persoas con discapacidade intelectual. O proxecto incluíu o acondicionamento do espacio e a adquisición de varios lotes de libros de lectura fácil.
ASPADEZA RECIBE UNHA AXUDA DE FUNDACIÓN ONCE
A nosa entidade recibíu unha axuda económica por un importe de 6.427,82€ da Fundación ONCE.
Dita axuda estará destinada a sufragar parte dos gastos derivados dun proxecto de obras no centro «Javier Brandido». O proxecto inclúe traballos de pintura nos diferentes locais do centro e colocación de plaqueta no taller ocupacional.
BANKIA APORTA 1.500€ PARA O EQUIPAMENTO DA VIVENDA DE ASPADEZA
Bankia apoiou con 1.500 euros o equipamento da vivenda que Aspadeza ten en Lalín. A aportación destinóuse a compretar parte do mesmo.
A iniciativa, promovida desde Lalín pola oficina de Antonio Lamas, enmarcase dentro do proxecto Red Solidaria de Bankia.
VIAXE A OVIEDO
Do 21 ó 26 de febreiro, un grupo de 14 usuarios acompañados por 4 monitores, participaron nunha viaxe a Oviedo. Durante a viaxe visitaron Oviedo, Gijón, os Picos de Europa, o Parque da prehistoria de Teverga,..
Dita viaxe forma parte do programa de viaxes do IMSERSO, coordinado por FADEMGA Plena Inclusión Galicia.
OS USUARIOS DE ASPADEZA GAÑAN DOUS PREMIOS DE ENTROIDO
Despois de varias semanas de traballo preparando os disfraces, os usuarios de ASPADEZA participaron en dous concursos.
A súa representación da «Feira de abril», con casetas e carruaxe de cabalos incluídos, foi merecedora de premios en ambos concursos.
No concurso organizado polo concello de Agolada recibiron unha gratificación de 100€ e no do concello de Lalín gañaron o segundo premio, dotado tamén de 100€.
ASPADEZA RECIBE DOUS PREMIOS NO «20º CERTAME DE TARXETAS DE NADAL» ORGANIZADO POR SPECIAL OLIMPYCS
Dous usuarios de ASPADEZA, Eduardo e Adrián, gañaron un segundo e un terceiro premio entre máis de 1000 participantes.
CELEBRACIÓN DO TERCEIRO FESTIVAL DE NADAL
O 23 de decembro os usuarios de ASPADEZA celebraron o seu terceiro festival de nadal.
O numeroso público asistente puido disfrutar dunhas maravillosas actuacións de baile, teatro e canto.
CAMPAMENTO EN POIO
Do 6 ó 11 de setembro 20 dos nosos usuarios (acompañados de 5 monitores) pasaron unha semana de vacacións en Poio.
Ademáis de ir á praia e saír de festa case todos os días!!.., visitaron O Grove, Combarro, A Toxa, o parque «Granxa de Briz» en Marín e o «Museo do Mar» e o «Verbum» en Vigo.
ASPADEZA RECIBE UNHA AXUDA DA FUNDACIÓN ONCE
ASPADEZA recibe unha axuda por un importe de 3.084,43€ da Fundación ONCE para adquisición de material informático adaptado.
Con este proxecto preténdese acercar ás persoas con discapacidade intelectual ó uso das novas tecnoloxías, así como superar barreiras de comunicación mediante as mesmas.
INAUGURACIÓN DA VIVENDA DE ASPADEZA
O 19 de marzo ASPADEZA inaugura a súa vivenda para persoas con discapacidade intelectual.
Este proxecto levouse a cabo con axudas da Consellería do Medio Rural, a través do programa Leader e do GDR Terras do Deza, a Deputación de Pontevedra e a Fundación ONCE.
OS USUARIOS DE ASPADEZA GAÑAN O 1º PREMIO DO CONCURSO DE ENTROIDO DO CONCELLO DE LALÍN
Este luns os usuarios de ASPADEZA participaron no concurso de entroido do Concello de Lalín.
Cuns disfraces de bombeiros, elaborados por eles mesmos, e con baile e coreografía incluída, conseguiron conquistar ó público asistente e obter o 1º premio, dotado de 250 euros!!!