Orientación para o emprego

A través do Servicio Galego de Colocación de FADEMGA ofrécese información e orientación laboral (orientación individualizada, ofertas de emprego, técnicas de procura de emprego, formación laboral, servicio de emprego con apoio,…)

Dende a propia entidade tamén se ofrece orientación os usuarios e mantéñense reunións con empresarios interesados en contratar a persoas con discapacidade intelectual.

Ademais no centro ocupacional fórmase ós usuarios para a súa posible inserción laboral. Consideramos que o aceso ó emprego supón o principal medio para a consecución da plena autonomía das persoas.

A través deste servicio, seis dos nosos usuarios conseguiron asinar o seu primeiro contrato laboral.