ASPADEZA

24 Anos de Experiencia
ASPADEZA
A Asociación ASPADEZA é unha entidade sen ánimo de lucro formada por 50 pais de persoas con discapacidade intelectual da Comarca do Deza. Foi constituida o 13 de setembro do ano 2000 e declarada de utilidade pública polo Ministerio do Interior en novembro do 2005, o cal supón un recoñecemento importante á labor da entidade, que demostra eficacia, transparencia e boas prácticas.
O obxectivo fundamental da entidade é mellorar a vida das persoas con discapacidade intelectual a través da integración social e laboral.
O centro ocupacional está destinado a persoas con discapacidade intelectual maiores de 18 anos e que teñan suficiente autonomía (non precisen de axuda de terceira persoa).
O centro ten como obxectivos formar á persoa con discapacidade para acadar a integración e normalización social e laboral, ademais de promocionar as capacidades e habilidades para conseguir o máximo nivel de autonomía persoal.
Teléfono
986 780 150
info@aspadeza.com
Lalín (Pontevedra)
Mouriscade, s/n – VILANOVA
aspadeza
Eventos e Novas
ASPADEZA benefíciase do programa «Pontevedra, provincia +inclusiva «
ASPADEZA recibe unha axuda a través das » Subvencións dirixidas a entidades sin fins de lucro para a promoción da accesibilidade universal. a eliminación de barreiras e a adquisición de axudas técnicas», da Deputación de Pontevedra.
Dita axuda ascendeu a un importe de 1.364,80€ que se destinaron a adquisición de unha grúa para o centro de día.
ASPADEZA recibe unha axuda da Deputación de Pontevedra
ASPADEZA recibe unha axuda de 3.384,35€ da Deputación de Pontevedra para o proxecto «Respiro familiar».
A axuda está enmarcada na convocatoria de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social na provincia de Pontevedra no ano 2024.
O proxecto incluíu a realización de dúas quendas de respiro familiar para persoas con discapacidade intelectual e ten unha dobre finalidade:
- Ofrecer un servizo de respiro familiar para evitar o deterioro das famlias, aliviar as sobrecargas e previr situacións de estrés e esgotamento.
- Permitir o acceso das persoas con discapacidade intelectual a unha vida máis independente, facilitando o seu acceso ós servizos da comunidade e favorecendo a súa inclusión sociocultural.
ASPADEZA recibe unha subvención dos Programas de Cooperación
ASPADEZA recibe unha axuda de 39.798€ a través dos «Programas de Cooperación» da Xunta de Galicia na convocatoria 2024.
Dito importe cubrirá os gastos de contración dun educador social e un coidador a xornada compreta durante 9 meses para apoiar o traballo do centro ocupacional e centro de día «Javier Brandido·